Inicio

Presentación

  Arrincadeira                      

O grupo de folk galego Arrincadeira comezou a súa andaina en xuño do 2004. Nun principio, formábamos o conxunto cinco compoñentes con: dúas gaitas, un saxofón, un bombo e unha pandeireta. Pasado o tempo, fomos incorporando novos compoñentes os cales, achegaron  dous acordeóns e un tamboril.

Os ensaios realizámolos na antiga escola de Castelo (Lugo). A nosa idea de formar un grupo de tales características é unha tarefa  difícil e que implica unha dedicación plena. Por estas razóns e engadindo  o ritmo de ensaios e actuacións que foron xurdindo, algúns dos nosos compoñentes  tiveron que abandonar.

No ano 2006, o grupo vólvese a reformar marchando desta vez os dous acordeistas, un dos  gaiteiros e o encargado do  tamboril. Como resultado, quedámonos  catro integrantes dos cales, eramos familia dous a dous, noutras palabras, o bombo e a pandeireta son pai e filla; mentres que o saxofón e a gaita son pai e fillo. Debido a escaseza de membros  houbo que buscar máis músicos xa que tíñamos a intención de  sacar adiante o grupo. O ir agora a única  gaita do grupo a clases en Cántigas e Frores tivo a posibilidade de coñecer a tres gaiteiros e un tamboril, os cales,  posuían as cualidades necesarias para pertencer o noso proxecto. Así foi,  propuxémoslles a idea de pertencer o noso grupo e eles aceptaron sen titubear. Debeulles de gustar xa que, dende ese día ata  hoxe seguemos a ser nove integrantes. Neste pequeno percorrido que fixemos pola historia do grupo aínda non personalizamos os compoñentes polo que, agora, ímoslles a nomear, forman parte deste proxecto musical:  Ángel (bombo), Uxia (pandeireta e frauta traveseira), Molinero (tamboril), Gerardo (saxofón), Eva (acordeón), Chema (clarinete), Laura (gaita), Bernardo Marinho (gaita), Jose (gaita).

A primeira actuación que tivemos foi no ano 2004 nun magosto no taller Ángel, o que se encarga de mallarnos os oídos co son do bombo (é unha broma, non creades nada), ese día estivemos ata as tantas da mañá.

 Dende que esta idea era un simple xermolo ata o día de hoxe, o noso  grupo Arrincadeira  tivo numerosas actuacións as cales, van aumentando en número  ano tras ano.

O compromiso que mostra a xente a hora de contratarnos e o seu recibimento en cada unha das actuacións fai que o grupo se sinta sumamente orgulloso. O grupo agradece con toda a súa alma esta implicación do público e como agasallo dámoslles, con todo gusto, conta  destas actuacións a través da nosa páxina web. Nela mostrarémoslles fotos, videos, etc.

Membros do grupo de esquerda a dereita: Chema, Jose, Carme, Bernardo Marinho, Uxía, Molinero, Gerardo e Ángel.

Membros

Molinero

Comezou no ano 1964 no mundo da música e aqui onde o vedes é un andaluz de pura raza o que lle encanta bailar, aínda que sexa tocando o mesmo tempo o tamboril.

Actualmente, acode a clases de percusión na escola de Cántigas e Frores e no seu tempo libre dedícase a bailar e a pasalo ben. En resumo, é o que nos proporciona a metade da enerxía ao grupo.

Ángel

Comezou coa gaita na Volta do Agro e continuou coa percusión, na especialidade do bombo, instrumento que domina perfectamente é por esta razón pola cal  toca no noso grupo. En canto o seu papel no grupo, é o que nos recarga as pilas cando estamos a piques de chegar   o final da xornada. Ademais, de darnos cana nas rumbas que tan ven acompaña. E a parte, é o que se encarga de que o grupo non pase “sede”. Actualmente, vai a clases de acordeón con Fran Cupeiro ( Castro R. de Lea ). No ano 2011 continúa as clases de gaita e percusión na Asociación Legua Dereita do Corgo. Dende fai un tempo tamén acude a clases de acordeón da man do mestre Suso Sistallo.

Marinho

Principiouse na musica arredor do ano 1999 na Volta do Agro ( co profesor Uxio) na especialidade de gaita. O ano seguinte na mesma asociación tivo a profesor Juan Parga. Na actualidade, acode a clases de gaita en Cantigas e Frores e leva tocando o tambor dende fai cinco anos ( e aínda que  Molinero lle pide que toque o tambor no grupo este non se decanta a facelo). O seu papel no grupo e tocar a gaita  e axudar no aprendizaxe das partituras grazas o seus coñecementos de solfeo, os cales, está adquirindo na academia de Aquilino Jacob, no cal finalizou 4º de solfeo. No ano 2011 continúa as clases de gaita e percusión na Asociación Legua Dereita do Corgo. Na actualidade acude a clases de acordeón co mestre Suso Sistallo.

 Jose Álvarez Gayo (Pepe)

Comezou polo ano 1980 a súa paixón pola música galega na escola Cántigas e Froles. Foi no seguinte ano cando chegaría a tocar na Diputación baixo a dirección de E. Candal.

Por causas da vida e motivos laborais tivo que pausar o seu camiño polo mundo da música, pero isto non impediu que despois de 20 anos a retomase aínda con máis ganas. Tal foi o seu ímpetu que formou parte de María Castaña ata que se disolveu no ano 2010 pero a pesar disto seguiu cara diante co seu hobby formando parte do grupo Abrente de As Nogais.

Finalmente dicir que dende o ano 2000 é membro do Orfeón Xoan Montes, ademais de formar parte do noso grupo dende fai xa ano e medio.

Un claro exemplo de que un artista que lle apaixone a música sempre a levará consigo e por moito que pasen os anos o verme non parará ata buscar o que quere, que neste caso é o gusto pola tradición musical galega.

No grupo colabora con varios instrumentos, entre eles a gaita e o acordeón, ademáis de cantar.

Carme

 A súa andadura musical vén da man da Asociación Cultural Abrente de As Nogais da que forma parte dende o ano 2008, participando en festas populares, festivais e encontros folclóricos, tocando a gaita, bailando e facendo teatro. Recibe clases de gaita ata este ano co profesor Pablo Varela e actualmente acode a clases de gaita co profesor José Manuel Perez e de percusión co profesor Oscar Doural.

Chema


Comeza a súa andadura na música cun instrumento tan fermoso como é a gaita, na escola de María Castaña xa polo ano 1997. Despois de impregnarse da cultura que lle ofreceu este instrumento decantouse por comezar outro diferente, tal como é o clarinete, o mesmo tempo que iniciou os seus cimentos no mundo da linguaxe musical, na Casa da Música de A Pastoriza pola man do músico Rubén Veiga.

Despois dun tempo de reposo e descanso da música, reanuda a súa andadura na escola da música de Lugo. Este novo rexurdir permitelle otear as distintas posibilidades grupais que permite unha arte tan maxestuosa como é a música, satisfacendo así o seu gusto musical con agrupacións como a Charanga “A Excusa” e o grupo “Arricandeira”.

Dentro da amplia gama de recursos musicais dos que se pode falar deste apaixonado pola música,  pódese destacar a súa humilde habilidade ca guitarra e o seu alegre soplo no whistle’s. 

Uxia

A benjamina do grupo e comezou os seus estudos de música na especialidade de pandeireta con Juan Parga, máis tarde estivo en Cantigas e Frores. Máis tarde decantaríase a tomar en serio os seus estudos musicais e decidiu entrar no conservatorio profesional de música de Lugo no cal estuda frauta traveseira. Actualmente, está en sexto de grado profesional. Cabe dicir que acudiu a diversos cursos de especialización de frauta.

No grupo toca a pandeireta e a frauta aportando a gran dulzura sonora que aporta este instrumento tan fermoso.

Gerardo

Foi uns dos fundadores do grupo xunto con Ángel, Marinho e Uxia. Entrou no grupo cursando 4 de grao elemental no C.M.U.S de Lugo. A día de hoxe xa rematou o grado superior de música no Conservatorio Superior de Coruña, na especialidade de saxofón. Tamén forma parte doutras agrupacións, como é o caso da Charanga Madialeva e Banda Filarmónica de Lugo. Durante a súa formación tamén se iniciou na guitarra electrica a cargo do profesor Aquilino Jacob (Lugo).

Videos

Emisión Televisión

María se vas – Foliada Orbazai 2011

Arrincadeira – Pasodoble de San Roque

Arrincadeira – Muiñeira de San Andres

Arrincadeira – Ai Corazón